Colexio Plurilingüe Compañía de María - A Coruña

Colexio Plurilingüe Compañía de María - A Coruña

Educación Primaria

Proxectos innovación Educación Primaria

Proxecto de Dinamización da Lingua Galega:

O Equipo de Dinamizacón da Lingua Galega (EDLG), na súa tarefa de conseguir unha maior competencia lingüística do alumnado e no seu afán de mellorar as destrezas comunicativas deste, segue a propoñer, planificar e desenvolver dinámicas integradoras que fagan partícipe e protagonista do proceso de normalización lingüística da lingua galega a toda a comunidade educativa. 

 

Proxecto lector:

Seguimos formando parte do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia). Continuamos desfrutando dunha biblioteca entendida como un contorno tanto físico como dixital, de aprendizaxe e lecer. A lectura, o interese, a investigación, o pensamento, a imaxinación e a creatividade son os nosos ingredientes para axudar ao crecemento persoal, social e cultural do noso alumnado.

 

Proxecto Edixgal

O alumnado do noso centro desde o ano 2014 desenvolve a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lle permite utilizar contidos e recursos dixitais, así como tamén ofrece a posibilidade de creación de recursos propios de xeito individual ou participando en proxectos colectivos de creación de contidos dixitais. Fomentamos a exploración e investigación, traballo colaborativo, resolución de tarefas o desenvolvemento de estratexias de pensamento e aprendizaxe.

 

Tecnoloxía e investigación.

A través de proxectos buscamos fomentar a curiosidade e a imaxinación, abranguer problemas desde diferentes puntos de vista, aprender construíndo; en definitiva, incentivar as habilidades científicas e tecnolóxicas, así como as destrezas comunicativas e expresivas fomentando o sentido crítico.

Inscrición Xornadas Portas Abertas