Colexio Plurilingüe Compañía de María - A Coruña

Colexio Plurilingüe Compañía de María - A Coruña

Educación Infantil

Dando os primeiros pasos

Traballo por proxectos

  • Localizar o centro de interese dos grupos de alumnos.
  • Infórmase o profesorado das inquietudes do alumnado.
  • Elabóranse proxectos guiados segundo o currículo e os lemas anuais do noso centro.

 

Gamificación

A motivación é un elemento que xoga un papel fundamental no proceso de ensino-aprendizaxe

Os xogos na aula fomentan que os alumnos superen e melloren.

Plurilingüismo

Aprendendo diferentes idiomas dun xeito lúdico.

Métodos a través de xogos e cancións.

Dinamización da lingua galega

Coordinación de actividades ao longo de todo o curso: magosto, panxoliñas, día de Rosalía…

Aprendizaxe cooperativa

  • Potenciar as relacións entre iguais e o traballo colaborativo: por parellas, pequenos grupos e grandes grupos.
  • Fomento da axuda mutua e a superación dos conflitos mediante o diálogo e a cooperación.

 

A etapa de Educación Infantil está considerada como a máis importante xa que contribúe ao desenvolvemento integral e harmónico do alumnado en todas as súas dimensións: física, emocional, sexual, afectiva, social, cognitiva e artística, potenciando a autonomía persoal e a creación progresiva dunha imaxe positiva e equilibrada de si mesmos, así como a educación en valores cívicos para a convivencia.

Nesta etapa é onde se asentan as bases para todo tipo de aprendizaxes e o bo funcionamento das etapas educativas posteriores.

A nosa práctica educativa baséase en experiencias de aprendizaxes significativas e emocionalmente positivas e na experimentación e o xogo, sempre desde un ambiente de afecto e confianza. Utilizando metodoloxías globais e activas, como a Aprendizaxe Baseada en Problemas (ABP), o traballo cooperativo, as rutinas de pensamento, o traballo por recunchos, foméntase o esforzo cognitivo, o uso do pensamento crítico, provocando a formulación de hipóteses por parte do alumnado e empregando o razoamento.

Consideramos que a familia é un piar básico na formación educativa dos alumnos, por iso se lles invita a que participen e se impliquen nos proxectos para formar parte do proceso de aprendizaxe.

Contacta con nós

Nome
Email
Mensaxe

Proxectos de innovación

Actividades complementarias

Equipo docente

Blogs

Calendario e horarios

  • 1645637834229
  • FOTO 10
  • FOTO 27
  • FOTO 29
  • FOTO 30
  • FOTO 31
  • FOTO 36 1
  • FOTO 38
  • FOTO 40
  • IMG 9073
  • IMG 91171
  • ed infantil 1
  • ed infantil 2
  • ed infantil 3
  • file 2
  • file
  • file2
  • paz 15 20160201 1262596511
Lista de libros curso académico 2024-2025