Colexio Plurilingüe Compañía de María - A Coruña

Colexio Plurilingüe Compañía de María - A Coruña

Bacharelato

Consolidando o futuro

Acción titorial

O noso profesorado educa nun clima de acompañamento persoal e académico garantindo o desenvolvemento integral do alumnado, sendo el un suxeito activo e o profesor un guía no proceso.

A través da actividade titorial queremos favorecer o desenvolvemento no  alumnado dunha sensibilidade que lles faga cidadáns conscientes e comprometidos co mundo que lles toca vivir.

STEM Bach

O noso centro quere impulsar o desenvolvemento e aprendizaxe de STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas). Buscamos fomentar desde as etapas máis temperás a curiosidade e a imaxinación, abranguer problemas desde diferentes puntos de vista, aprender construíndo; en definitiva, incentivar as habilidades científicas e tecnolóxicas, así como as destrezas comunicativas e expresivas fomentando o sentido crítico.

PluriBach

Ten como finalidade unha preparación máis profunda e especializada en lingua inglesa. Os alumnos de Pluribach benefícianse desta experiencia, desenvolvendo unha variedade de habilidades lingüísticas que son, e serán, transferibles a toda situación comunicativa nas súas vidas persoais e profesionais, á vez que os prepara para un futuro profesional no que se sentirán a gusto desenvolvéndose en lingua inglesa. A través dunha metodoloxía activa e participativa, o Pluribach fomenta a autonomía persoal, a cooperación e a creatividade, ademais de aumentar a autoestima.

Calidade educativa

Buscamos a renovación continua, a reflexión sobre a práctica, a formación permanente dos educadores para garantir a calidade educativa. Na nosa práctica docente axudamos ao alumnado a desenvolver as súas capacidades facéndoo responsable da súa propia aprendizaxe. Promovemos a aprendizaxe activa e valores como o esforzo e a esixencia.

O noso Colexio ofrece un amplo abanico de posibilidades en bacharelato: a través da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, e da Modalidade de Ciencias, os nosos alumnos teñen a porta aberta á práctica totalidade dos estudos universitarios. Ademais, dentro de cada modalidade, os estudantes poden elixir entre un variado número de materias específicas (optativas), tales como Cultura Científica, Lingua Francesa, Tecnoloxías da Información e Comunicación, Literatura Universal (en inglés), Historia da Arte, Economía, Psicoloxía ou Literatura Dramática (en inglés).

Do mesmo xeito que en cursos anteriores, contamos cun profesor nativo británico para a parte oral dentro da materia de lingua inglesa.

Os resultados obtidos, ano tras ano,  nas Probas de Acceso á Universidade avalan a boa preparación do noso alumnado.

Contacta con nós

Nome
Email
Mensaxe

Proxectos de innovación

Actividades complementarias

Equipo docente

Blogs

Calendario e horarios

  • 20190920 164717
  • 8
  • D3
  • D4
  • Foto de Miguel
  • IMG 0340
  • IMG 0359
  • IMG 0361
  • IMG 0364
  • IMG 0370
  • IMG 0371
  • IMG 0372
  • IMG 0384
  • IMG 0390
  • IMG 0392
  • IMG 0395
  • IMG 0400
  • IMG 0401
  • IMG 0405
  • IMG 8440
  • IMG 8736
  • Lunibookday
  • PHOTO-2021-03-09-10-31-04 2
  • PHOTO-2021-03-09-10-31-41
  • Pluri 1
  • Pluri 10
  • Pluri 11
  • Pluri 14
  • Pluri 15
  • Pluri 2
  • Pluri 3
  • Pluri 9
  • bach portada etapa
  • lite
  • obs 3
  • obs 4
  • obs 5
  • obs 7
  • pluri 8
  • xenomica 2
Admisións curso académico 2025-2026