O Club Compañía de María fundouse en 1979, inicialmente como Club de baloncesto e foi posteriormente ampliándose a novos deportes. Actualmente inclúe nove modalidades deportivas: atletismo, baloncesto, escola deportiva e educación física de base, fútbol, ximnasia rítmica, judo, hóckey patíns, patinaxe e tríatlon. Está inscrito no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia (C-00035) e colabora coas Federacións e Organismos deportivos locais e autonómicos. O Club naceu coa vocación de ser un complemento á educación dos alumnos dentro do colexio Compañía de María, fomentando o espírito deportivo. O noso obxectivo como Club é promover a actividade física en idade escolar, inculcando hábitos de vida saudables e transmitindo valores como o traballo en equipo, o esforzo, a superación, o respecto e o compromiso.
Contacto:
Coordinación Deportes:
Junta Directiva:
Máis información, picando aquí.