E.S.O.
![]() |
A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) é unha etapa educativa obrigatoria que completa a educación básica. Consta de catro cursos académicos que se realizan ordinariamente entre os 12 e os 16 anos de idade. Con todo, os alumnos terán dereito a permanecer en réxime ordinario cursando o ensino básico ata os dezaoito anos de idade. Organízase de acordo cos principios de educación común e de atención á diversidade e presta especial atención á orientación educativa e profesional do alumnado. Desde o curso 2015-2016 comprende dous ciclos; o primeiro de tres cursos escolares e o segundo dun. Este último, de carácter fundamentalmente propedéutico, pode cursarse por unha das dúas seguintes opcións: · Opción de ensinos académicos para a iniciación ao Bacharelato. · Opción de ensinos aplicados para a iniciación á Formación Profesional |
A Educación Secundaria Obrigatoria ten como finalidade:
· Lograr que todos adquiran os elementos básicos da cultura: humanísticos, artísticos, científicos e tecnolóxicos.
· Desenvolver e consolidar hábitos de estudo e de traballo.
· Preparar para a incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral.
· Formar a todos para o exercicio dos seus dereitos e obrigacións na vida como cidadáns.
As competencias clave do currículo desta etapa serán as seguintes: - Comunicación lingüística (CCL). - Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT). - Competencia dixital (CD). - Aprender a aprender (CAA). - Competencias sociais e cívicas (CSC). - Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE). - Conciencia e expresións culturais (CCEC). Para unha adquisición eficaz das competencias e a súa integración efectiva no currículo, deséñanse actividades de aprendizaxe integradas que lle permitan ao alumnado avanzar cara aos resultados de aprendizaxe en máis dunha competencia ao mesmo tempo. En canto á metodoloxía empregada, cabe destacar a aprendizaxe cooperativa, o desenvolvemento das intelixencias múltiples e acompetencia tecnolóxica e dixital e o estudo a partir de traballos por proxectos. |
![]() |