Solicitude de praza
PROCESO DE ADMISIÓNS 2019-2020
Novidade:
Listaxes DEFINITIVAS de alumnado admitido e non admitido para o curso escolar 2019-2020.
Listaxes PROVISIONAIS de alumnado admitido e non admitido para o curso escolar 2019-2020.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------
Para formalizar a matrícula tedes que recoller en secretaría un sobre ao nome do alumno/a con toda a documentación a cumprimentar. Os sobres estarán dispoñibles a partir do mércores 12 de xuño. As datas de matrícula según os cursos son as seguintes:
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA: Do 20 de xuño ao 1 de xullo
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA: Do 25 de xuño ao 10 de xullo
PRAZO EXTRAORDINARIO FORMALIZACIÓN MATRÍCULA ED. SECUNDARIA OBRIGATORIA: Do 1 ao 10 de setembro
--------------------------------------------------------------------------------------------------------
O prazo de presentación das solicitudes de admisión do alumnado é do 1 e 20 de marzo, ambos incluídos.
A Xunta de Galicia dispón dunha aplicación de xestión das solicitudes de admisión: www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
As familias poden cubrir o formulario de admisión a través do menú Solicitudes - Admisión - Crear. Feito iso poden optar por:
- Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se solicite praza en primeiro lugar
- Se dispoñen de certificado dixital ou Chave365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.
As familias que utilicen esta aplicación, con calquera das dúas opción, poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes na mesma aplicación utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
Nembargantes, para quen o queira cubrir a man, pódeno descargar na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web da Consellería de Educación ou podedes recollelo no noso centro en secretaría e conserxería, canda se abra o prazo (formulario normalizado (ED550B)-que se publica como anexo II da Orde do 25 de xaneiro de 2017)
Aquí(https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/manual_familias_admision.v.04.pdf)
podedes consultar un manual de axuda para as familias realizado pola Xunta de Galicia, con indicacións para cumplimentar el formulario de solicitude de praza.
ÁREA DE INFLUENCIA CPR PLURILINGÜE COMPAÑÍA DE MARÍA DE A CORUÑA
ZONAS DE INFLUENCIA CENTROS CONCERTADOS
RESULTADO SORTEO LETRAS DESEMPATE ADMISIONES
FORMULARIO DE ADMISIÓN (GALEGO)
FORMULARIO DE ADMISIÓN (CASTELLANO)
INFORMACIÓN RESUMEN ADMISIONES
RESULTADO SORTEO DAS LETRAS A EFECTOS DE RESOLUCIÓN DE DESEMPATE
SOLICITUDES PRESENTADAS, PRAZAS OFERTADAS E PRAZOS DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUTIFICATIVA
NOTA INFORMATIVA
1. Cada alumno e alumna só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que podan corresponderlle.
2. Todo o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------
Se precisades mais información quedamos a vosa disposición:
SECRETARÍA: Ana Cornide Alonso (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) e no teléfono 981 25 03 50
Tamén podedes consultar a web do Concello da Coruña para mais información:
http://www.coruna.gal/educacion/gl/centros-educativos/proceso-de-admision?argIdioma=gl