Saúdo da Directora

En nome de todas as persoas que desenvolvemos a nosa Misión educativa no Colexio Plurilingüe Compañía de María de A Coruña, quero darvos a benvida a esta web, onde podedes atopar toda a información sobre as obras da Compañía de María no mundo e tamén onde teredes a ocasión de poder vivir máis preto de todos nós coñecendo a vida diaria do colexio. 

Seguindo sempre o principio de EDUCAR DENDE UN PROXECTO COMÚN, queremos ofrecervos a posibilidade de manter unha relación estreita e animarvos a participar na vida do centro.

É para todos-as nós un obxectivo importante que coñezades e compartades o noso Proxecto Educativo para que poidamos educar en común, sumando esforzos e posibilidades. 

Desexamos que A Compañía de María sexa un espazo vivo no que os vosos fillos e fillas reciban unha formación humanista cristiá,  integral e de calidade que lles ofreza oportunidades de futuro.

A nosa seña de identidade foi sempre o trato cercano con todos vós, por iso, en nome do E. Directivo, Profesorado e persoal non docente, contamos coa vosa presenza para poder seguir mantendo a tan necesaria colaboración no mundo educativo.

Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.