EMCM: Novas matrículas e renovacións 2019-20

Dende o xoves 20 de xuño, ata o martes 2 de xullo, está aberto o prazo para novas matrículas e as renovacións da Escola de Música Compañía de María para o curso 2019-2020.

Na Escola pode matricularse calquera alumno ou alumna dende 5º de Educación Infantil (4 anos) ata 2º de Bacharelato, ademais de adultos sen límite de idade. Coma o ano pasado abriremos dous prazos de matrícula: un primeiro prazo en xuño nas datas antes comentadas, e un segundo prazo en setembro, do día 9 ao 20.

As matrículas realizadas en xuño terán preferencia sobre as de setembro á hora de escoller instrumentos, grupos e horarios. Para a escolla dos horarios definitivos de instrumento poñerémonos en contacto con vos unha vez rematado cada un dos prazos.

Os formularios de novas matrículas e renovacións entréganse na Secretaría do Colexio, e estarán á vosa disposición na mesma Secretaría ou na páxina web no apartado Escola de Música en “Matrícula”.

Para calquera dúbida podedes escribir á dirección de e-mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..