1ºESO: Cecebre

A semana pasada o alumnado de 1º da ESO visitou a fraga de Cecebre como culminación do proxecto colaborativo entre a materia de Bioloxía e Lingua Castelá.

A visita consistiu nun percorrido guiado pola contorna do pantano facendo paradas no observatorio de aves, Pazo de Maceda e Aula da Natureza, entre outras. O alumnado tivo ocasión de ver in situ boa parte da fauna e flora recollida nos seus cadernos de campo e mencionada no libro El bosque animado de Wenceslao Fernández Flórez.

Pinchando aquí, podemos ver as fotos da saída.