Biblioteca inclusiva

O reto deste ano é facer da nosa biblioteca un espazo inclusivo.

Formamos parte dos centros integrados no programa Biblioteca Inclusiva ofertado pola Consellería. Este programa pretende sensibilizar sobre a necesidade de avanzar cara unha biblioteca que responda, realmente, ás necesidades de todo o alumnado do centro e que enfronte os retos, dunha forma decidida, que presenta a diversidade.

Temos máis información no blog da Biblioteca de Infantil e Primaria.