5º/6ºEP: A maxia da vitamina C

Os alumnos de 5° e 6° de Educación Primaria participaron no taller "Hay Química" no Museo Muncyt o mércores 28, o xoves 29 e o venres 30 de novembro.

Fixeron unha visita guiada polo Museo e coñeceron a Pepexán e Marilú, dous robots que lles déron a benvida.

No obradoiro de Química, fixeron un experimento seguindo o método científico. Desfrutaron das reaccións químicas coa maxia da vitamina C. Toda unha experiencia que non esquecerán!!!

Na sala Iberia, viron a turbina, a ala do avión, as caixas negras ...( "e son vermellas!!! " dixeron os rapaces). Tamén puideron botar unha ollada a cabina do jumbo “ Lope de Vega  de Iberia onde fora transportado o Guernica de Picasso dende os Estados Unidos a España no ano 1981. O avión foi pilotado polos coruñeses Ángel Becerra e Enrique Marchesi-Herce.

Pinchando aquí, podemos ver as fotos da saída.