4ºESO: "O que sei do silencio"

O pasado luns, o alumnado de 4ºESO tivo un encontro na biblioteca do centro coa escritora Andrea Maceiras para compartir con ela impresións da súa última novela publicada "O que sei do silencio". 

Sobre a devandita novela, que foi traballada neste curso da ESO durante o primeiro trimestre, o alumnado confeccionou booktráileres, algún dos cales inaugurou esta produtiva sesión.