Bach.: Colexio de Avogados

O venres 14 de decembro, o alumnado de 1º de Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais foi visitado por Vicente Bellón, coordinador das actividades culturais do Colexio de Avogados da Coruña. 

Grazas a súa charla coñeceron as responsabilidades legais dos menores de idade pero maiores de 16 anos. Tamén se explicaron as características da avogacía e doutras profesións xurídicas, así como a formación académica necesaria para exercelas e a función do Colexio de Avogados. 

Logo, a partir da cuestión "son as leis xustas?" abriuse un coloquio que motivou unha reflexión sobre as garantías xudiciais, xusto cando se cumpren 40 anos da nosa Constitución e 70 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.