EMCM: Matrícula 18-19

Dende o martes, día 26 de xuño, ata o luns día 9 de xullo, está aberto o prazo para novas matrículas e as renovacións da Escola de Música Compañía de María para o curso 2018-2019.

Na Escola pode matricularse calquera alumno ou alumna dende 2º de Educación Infantil (4 anos) ata 2º de Bacharelato, ademais de adultos sen límite de idade. Coma o ano pasado abriremos dous prazos de matrícula: un primeiro prazo en xuño, do día 26 ao 9 de xullo, e un segundo prazo en setembro, do día 3 ao 14.

As matrículas realizadas en xuño terán preferencia sobre as de setembro á hora de escoller instrumentos, grupos e horarios. Os horarios definitivos de instrumento escolleranse nos últimos días de setembro, unha vez rematado o segundo prazo de novas matrículas.

Os formularios de matrícula e renovación están á vosa disposición na Secretaría do Colexio ou na páxina web no apartado Escola de Música. Para calquera dúbida podedes escribirnos á dirección de e-mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..