ESO e Bach.: Información curso 2018-19

COMEZO DO CURSO:

Día 17 de SETEMBRO, LUNS: Alumnos de ESO e Bacharelato

-   Este día só virán de 10:30 h. a 12:00 h. para a distribución dos grupos, recoller horarios,  relación de   libros  de texto, etc.)                 

-  A partires do martes, día 18, o horario será de 8:30 h. a 14:10 h.

          SERVIZOS OPCIONAIS:

  • MEDIAPENSIÓN: Este servizo comezará o luns, día 17. Como en anos anteriores, os alumnos que por calquera circunstancia precisen comer algún día illado no Colexio, recollerán un tícket na portería a primeira hora da mañá. O seu importe será de 8,50 €. O custo mensual será de 127 €.
  • TRANSPORTE ESCOLAR: O custo mensual de 2 viaxes é 82 € e 4 viaxes 97 €.  Se utilizan o transporte escolar en setembro o autobús sairá ás 15:00h. facendo as paradas habituais.

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR:

  • A todos os alumnos que o desexen proporcionaránselle os libros de texto no Colexio e cobráranse no recibo do mes de outubro.
  • Na páxina web do Colexio ou na da AMPA podedes consultar os listados para 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato, a partires do día 4 de xullo.1º e 2º de ESO disporá do Proxecto Edixgal (non terán libros de texto, pero sí algún caderno de exercicios)
  • O material escolar cobrarase no recibo de setembro.

SEGURO DE ACCIDENTES:

  • Recordade que este Seguro é para os accidentes que os alumnos teñan no Colexio ou nas actividades  extraescolares organizadas polo propio Centro.
  • Sempre que aconteza algún accidente tedes que pedir un parte en Secretaría.
    • O Centro hospitalario ao que tedes que levar aos accidentados é “Hospital Modelo
    • O importe deste seguro cobrarase no recibo do mes de febreiro.

UNIFORMES:

  • Insistimos en que o uso do uniforme para os alumnos de 3º de E.S.O. a 2º de Bacharelato é voluntario, pero os que o utilicen teñen que facelo segundo o modelo establecido.

Poden seguir utilizando o uniforme antigo durante dous cursos mais. Podedes consultar a información na páxina web no apartado Servizos - sección uniforme.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O PRÓXIMO CURSO:

A matrícula das actividades extraescolares culturais, deportivas e escola de música realizarse entre o 27 de xuño e o 9 de xullo.

A inscrición deberá realizarse a través da páxina web da AMPA, www.ampaciamaria.com, sendo obrigatoria a inscrición on-line para todas as actividades, agás a escola de música, que será exclusivamente presencial. Lembrade que naqueles grupos nos que haxa limitacións de praza, as solicitudes atenderanse por rigoroso orde de inscrición. Durante o mes de setembro, darase la posibilidade de matricularse de xeito excepcional solo para aquelas actividades nas  que queden prazas sen cubrir.