4ºESO: Picasso. A viaxe do Guernica

O xoves 14 e o venres 15 de xuño o alumnado de 4º da ESO visitou a exposición "Picasso. A viaxe do Guernica" da Obra Social La Caixa.

Grazas ás explicacións do noso guía, Álvaro, os estudantes achegáronse á obra mestra de Picasso. Así recoñeceron o contexto histórico no que foi pintado, as motivacións do pintor e todo o simbolismo, tanto político como artístico, dun cadro que representa os valores do antibelicismo e da loita pola liberdade.