Grupo Raiola: A visita do inspector

O 11 de xuño, estudantes de ESO e Bacharelato do grupo Raiola Escola representaron a obra "A visita do inspector" de J.B. Priestley no IES Calvo Sotelo da Coruña.
 
A representación tivo lugar dentro da XXI edición do Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña. Previamente, o 25 de maio, actuaran en dúas funcións para os seus compañeiros e compañeiras de 3º  e 4º da ESO e 1º de Bacharelato. 
 
Participaron: 
 
Pablo Ballón (3º da ESO) como o Sr. Birling
Pablo Rodríguez  (3º da ESO) como Gerald Croft
Malena Fariña (4º da ESO) como Sheila Birling
Marta Martos (4º da ESO) como a Sra. Birling
Diego Martínez (3º da ESO) como Eric Birling
Alejandro Rodríguez (1º de Bacharelato) como o Inspector Goole
 
O técnico de luz e son foi Pelayo Vieites (4º da ESO)
 
 
Raiola Escola é un grupo de teatro para estudantes de ESO e Bacharelato da Compañía de María formado no ano 2000. 
 
Pinchando aquí, podemos ver as fotos da representación.