1ºESO: Santa Xoana

Durante o mes de maio, e seguindo o Proxecto "Superémonos", algúns alumnos de 1º de ESO explicaron, a outros colexios concertados, quen foi Santa Xoana de Lestonnac, a súa achega á educación e a súa influencia no mundo actual.

Algúns alumnos da Grande Obra de Atocha e das Esclavas explicaron as ideas importantes dos seus respectivos fundadores e mostráronnos de que xeito foron uns heroes ao querer solucionar os graves problemas da súa época.

Pinchando aquí, podemos ver as fotos do proxecto.