ESO: Premios Fotografía Xeográfica

O día 10 de maio celebrouse a entrega de premios da Iª edición do concurso de Fotografía Xeográfica organizado polo Departamento de Xeografía e Historia do noso colexio.

De entre máis de 170 traballos foi gañador Daniel Noya Paredes de 3º da ESO. Dentro da categoría de 3º e 4º da ESO foi finalista Ignacio Souto, mentres que Javier Arcay recibiu un áccesit. A finalista da categroría de 1º e 2º da ESO foi Daniela Viso, séndolle concedido un áccesit a Uxía González Muixí. 

Con todo, os membros do xurado parabenizan a todos os participantes pola calidade das fotografía das paisaxes e das análises presentadas. 

O Concurso de Fotografía Xeográfica contou coa colaboración da Librería Nobel da Coruña que aportou libros de contido xeográfico para os gañadores.