Día do Libro

O luns 23 de abril, con motivo do Día do Libro, o noso colexio realizou unha campaña solidaria en coordinación co Banco de Alimentos. Grazas á participación de toda a comunidade educativa, púidose recoller unha gran axuda (1638 quilos).

Aquí mostramos o albarán enviado polo Banco de Alimentos, que nos transmiten a seguinte mensaxe: "O noso máis sincero agradecimiento non só pola enorme cantidade recolleita, senón tamén polo voso compromiso solidario coas persoas máis desfavorecidas da nosa sociedade. Rógoche que transmitas este sentimento de gratitude a toda a comunidade educativa"

Pinchando aquí, podemos ver as fotos das celebracións do luns e do martes con motivo do Día do Libro.

Atópate no noso Photocall!