Festa Nena María

Con motivo da FESTA do COLEXIO que terá lugar os días 16 e 17 do presente mes de novembro (xoves e venres), haberá competicións deportivas entre os distintos cursos.

Para poder dispoñer de todas as PISTAS suspéndense de 15:30 h. a 20:00 h. o martes 14 e o mércores 15,  as actividades extraescolares de BALONCESTO, ATLETISMO, HÓCKEY, PATINAXE e  FÚTBOL que se realizan nas instalacións do Colexio (os alumnos de Fútbol 7 e 11 sí terán o seu adestramento na Cidade Deportiva “A Torre”).

Tede en conta que non se suspenden as actividades culturais nin as deportivas de Iudo, Ximnasia Rítmica e a Escola de Música.

Educ. Física de Base (2º Inf.) e Escola Deportiva (3º Inf) manteranse no horario habitual do mediodía, pero non haberá no da tarde (17:30h – 18:30h)   
 
O alumnado de 3º, 4º de ESO e Bacharelato terá clase o luns pola tarde xa que este día non hai competicións deportivas.
 
O xoves 16 e o venres 17, suprímense TODAS as actividades incluídas as do mediodía e tamén as clases de inglés extraescolar e inglés Cambridge. Non se suprime a Escola de Música. A Biblioteca Infantil o xoves estará aberta no seu horario habitual.
 
O xoves o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º e 2º da ESO sairán ás 14:10 h. O alumnado de 3º,4º da ESO e Bacharelato sairá á 13:00 h.
 
 NOTAS:
 
O xoves, día 16, haberá dúas EUCARISTÍAS na que os alumnos de Educación Infantil e 1º de Ed. Primaria farán unha OFRENDA DE FLORES (será suficiente que traian unha ou dúas flores)        

Venres, día 17:

Entrada : 10:15 h. (Os autobuses sairán do Colexio ás 9:30 h. para facer o percorrido habitual)  
 
Saída : Ás 13:00 h. (Pola tarde non haberá ningunha  actividade)            

Aos nenos/as de mediapensión podedes recollelos como todos os venres:
         1º Quenda – Ás 13:45h // 2º Quenda – Ás 14:30 // 3º Quenda – Ás 15:00h
          Ás 15:00 h. sairá o autobús cos rapaces que habitualmente comen no Colexio.
 
Todos os cartos que se recaden o día da Festa serán para colaborar co  FISC (Fundación Internacional de Solidariedade da Compañía de María) no proxecto de dereitos humanos básicos en Nueva VidaManagua, Nicaragua.