3ºESO: Ireland

25-10

Hi there!

Este é o noso último capítulo do Diario desde Bray. Mañá volveremos a casa. O tempo pasou voando

Foron días intensos, con tres horas de inglés  polas mañás,  actividades diversas polas tardes, e vida en familia na tarde-noite. 

Onte vimos cadros de Rembrandt, Degas, Monet, Velázquez, Caravaggio,...nun paseo moi instructivo pola gran pinacoteca de Dublin. 

Esta tarde centrarémonos na natureza, pois visitaremos o Natural History Museum. Tras a visita esperamos ter, como onte, un ratito para as últimas compras.

Pero antes, os nosos estudantes recibirán un diploma que acredite os seus avances en inglés ao longo destes dez días. 

And that's pretty much it. All things must come to an end. Thank you Mandy, Lisa, Collette,  Deirdre, Angela, Siobhán, Colleen and Gareth for making things so easy for us. Thanks to the very nice host families who gave us a home during our stay. 

Farewell Bray, a part of us will always be yours. 

E grazas a vós por interesarvos polas nosas andanzas.

Vémonos mañá!

Pinchando aquí, podemos ver as fotos da viaxe.

 

24-10

Hi folks!

Estamos na recta final da nosa estancia en Irlanda. Parece mentira, pero cumprimos unha semana aquí. Time flies, my friends. 

Onte fomos á boleira, onde moitos demostraron grandes habilidades,  e outros... pasárono tamén moi ben. 

Esta tarde iremos á National Gallery of Ireland. Veremos cadros e esculturas dos grandes mestres. E se hai sorte, poida que teñamos un tempo para ruar.

Mañá contámosvos máis. Take care!

 

23-10

Hi everyone!

Saúdos desde Bray tras o fin de semana.  What a weekend!

O baile irlandés do venres foi xenial. Foron 2 horas nas que aprendemos os principais movementos da danza popular irlandesa. Moi divertido, e un gran exercicio físico.

O sábado fixemos un percorrido, nun antigo autobús  de dous pisos, pola cidade de Dublín. O guía falounos da historia da cidade e os seus monumentos e edificios. Choveu moitísimo,  así que  cando o percorrido terminou fomos a unha rúa de tendas con dous centros comerciais. 

O domingo era día para estar coas familias ou ir de excursión a un centro comercial. A maioría elixiu ir ao centro comercial. So we went on a shopping spree! Dundrum Shopping  Centre é un dos máis grandes centros comerciais de Irlanda. Alí pasamos 4 horas, ata volver coller o tranvía  e o autobús de volta. Afortunadamente, o tempo foi bo todo o día.

Hoxe luns volvemos ás clases. E pola tarde xogaremos aos birlos. 

Un saúdo a todos desde a illa esmeralda!

 

20-10

Fáilte! 

Fáilte quere dicir "benvido/a" en gaélico irlandés.

Onte fomos a Trinity College, universidade fundada no século XVI, e vimos a exposición do Libro de Kells, unha verdadeira obra de arte con 1200 anos de antigüidade. Tamén visitamos The Long Room, en The Old Library, que serviu de inspiración  para algúns decorados das películas de Harry Potter.

Se o himno extraoficial de Galicia é a Rianxeira, o de Dublin é Molly Malone,  que conta a historia dunha moza que vendía berberechos e mexillóns polas rúas da cidade. Sacámonos unha foto coa súa estatua, pero somos tantos que case non se ve. E despois fixemos unhas compras por Grafton Street, a principal rúa comercial de Dublin. 

Esta tarde iremos practicar o baile irlandés. Vai ser moi divertido.

Mañá faremos un percorrido turístico en autobús  pola capital de Irlanda, e volveremos de compras, e pasadomañá, máis  compras. Espero que ninguén se gaste todo o diñeiro antes do xoves.

Saúdos a todos!

 

19-10

Ola  a todos!

Tras as nosas primeiras 24 horas en Bray xa nos movemos por aquí como peixe na auga.

O tempo é fresco, pero non choveu practicamente  nada.

Onte fomos a Baile Átha Cliath (believe it or not, that's  Dublin in Irish Gaelic). A nosa guía, Siobhán, levounos ao National Museum, onde percorremos miles de anos de historia de Irlanda. Vimos restos humanos de hai 2000 anos, fabulosos tesouros de obxectos de ouro, restos de todo tipo da invasión  viquinga,... E recoñecemos un pasado celta común.

Hoxe iremos ao Trinity College e admiraremos o Book of Kells, un manuscrito feito por monxes celtas ao redor do ano 800. Veremos The Old Library, e seguro que algúns se acordan alí  de Harry Potter.

Xa vos contaremos!

 

18-10

Greetings from Ireland!

Xa estamos en Bray! Onte fixemos unha viaxe estupenda. Tras un voo tranquilo, recolleunos  un autobús que nos levou ao Bray Institute of Further Education (BIFE), que será o noso colexio os próximos días.  Alí  esperábannos as familias anfitrioas.

Despois da cea reunímonos de novo e coñecemos a Gareth, que nos acompañou nun percorrido polo pobo, indicándonos os puntos de interese. 

Hoxe comezan as clases con Collette e Deirdre. E pola tarde iremos a Dublin a visitar o National Museum.
Mañá contámosvos máis.

Take care!