Biblioteca

Blog BIP (Infantil y Primaria)

 

Información Xeral:

Considerando a importancia da lectura no proceso evolutivo do alumnado e valorando a súa necesidade no desenvolvemento do aprendizaxe, o centro imparte en horario escolar a actividade de Biblioteca desde 4º de E. Infantil ata 6º de E. Primaria.

No noso colexio entendemos a biblioteca como xerador de experiencias lectoras e de aprendizaxe, traballando de xeito específico a competencia informacional (ler para aprender), sendo un referente cultural da nosa escola.

 

Horario:

E. INFANTIL e E. PRIMARIA     

Horario de entrada libre para todo o alumnado:

- De luns a xoves de 17:30 a 18:30 h.

- Venres de 15:30 a 17:30 h.

Ademáis, para o alumnado de comedor:

- De luns a xoves de 14:00 a 15:30 h.

- Venres de 14:30 a 15:30 h.

Dende o curso 2017-18 para o alumnado de 5º, 6º, 1º e 2º de ESO:

-De luns a xoves de 15:30 a 17:30 h.

 

ESO E BACHARELATO

            Horario de entrada libre.

                        -  Luns e martes: de 14:30 a 17:30h

                        -  Mércores e xoves: de 15:30 a 17:30h

 

 

Proxecto lector

Blogs Biblioteca

 

 

Proxecto PLAMBEhttp://www.cmariacoruna.com/web/images/1617/Fotos/BE_web_transp_150.png

No curso 2016-17 a nosa biblioteca foi seleccionada para ocupar unha das dez plazas que a Xunta ofertou para centros privados concertados de toda Galicia e así entrar a formar parte no PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLAES.

Que é o PLAMBE? Un programa de innovación educativa que procura incentivar e impulsar o desenvolvemento de proxectos de biblioteca escolar que recollan:

a) A organización, actualización e dinamización da biblioteca de centro, entendida como un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe.

b) A súa contribución á mellora dos procesos de ensinanza e de aprendizaxe e á adquisición das competencias clave do alumnado.

c) O concepto de alfabetización múltiple (ou multialfabetismo) á hora de abordar a formación lectora do alumnado.

d)  O  deseño  e  desenvolvemento  de  programas  para  a  adquisición  de  competencias  informacionais e mediáticas, é dicir, as competencias de uso, tratamento e produción de información nos diferentes soportes e formatos, así como o tratamento das linguaxes dos diferentes medios de comunicación.

e) A imprescindible integración da cultura impresa e da cultura dixital.

f) A realización de actividades de formación de usuarios das bibliotecas e os seus recursos.

g) O papel da biblioteca escolar no desenvolvemento do Proxecto lector de centro.

h) O fomento da lectura e da escritura.

i) A contribución da biblioteca á compensación das desigualdades sociais e á calidade do ensino que se imparte no centro.

l) As posibilidades que ofrece para a incorporación de metodoloxías innovadoras e consecuentes coas necesidades educativas actuais.

m) A implicación da biblioteca en actividades de extensión cultural destinadas a toda a comunidade escolar.