Axudas libros de texto e material escolar 2019/20

Ábrese o prazo para participar no fondo solidario de libros de texto e solicitar axudas para adquirir libros de texto e material escolar. 

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2019. Están destinadas o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

As solicitudes presentaranse por vía electrónica nos formularios dispoñibles na aplicación informática “fondo libros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros). Si se presenta por vía electrónica, presentarase unha solicitude por cada alumno.

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes no centro docente. O formulario podedes descargalo aquí ou solicitalos na Secretaría do Colexio. Presentarase unha única solicitude para todos os fillos/as que estean no mesmo Centro.

Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º, e 6º de EP e en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO

Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición segunda (necesidades específicas de apoio educativo – NEAE-)

Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO eEE.

O alumnado matriculado nos cursos incluídos no proxecto educación dixital (E- DIXGAL) no curso 2019/20 (5º E 6º de EP e 1º e 2º ESO)están excluído da participación no fondo solidario de libros detexto. No obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

Abaixo podedes consultar a Orde completa :

ORDE do 3 de maio de 2019

Manual do Usuario