Proxecto Enki

O pasado luns 1 de Abril recibimos a visita de Raquel, Ángel e Dani, en representación da Fundación Abrente, para presentarnos o seu proxecto Enki.

Este proxecto nace dunha iniciativa da Fundación Abrente, no ano 2014. O seu obxectivo é a integración e a visualización de todos os colectivos e toda as persoas, independentemente da súa condición física ou mental, mediante a práctica deportiva.

Con estas xornadas preténdese visibilizar, practicar deportes adaptados e mostrar consciencia ante a discapacidade, así como recoñecer, dende as experiencias de deportistas adaptados, os logros conseguidos e as dificultades que tiveron que superar.

Estiveron enfocadas a alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO, nunha xornada dividida en tres fases diferentes: presentación, actividades deportivas e historias de superación. Tras unha explicación sobre a diversidade funcional e como o deporte pode servir como medio de integración, os escolares realizaron un exercicio denominado “Ponte no meu lugar”, deseñado para que os menores empaticen coas persoas con diversidade funcional a través do xogo.

Trátase de que, a través de actividades deportivas e diferentes circuítos, podan comprobar por eles mesmos as dificultades de accesibilidade que existen no medio, en rotacións duns 20 minutos polas diferentes probas: circuíto en cadeira de rodas, recorrido con bastóns e máscaras con pavimento táctil, así como demostración de deporte adaptado: tenis, handbike, cadeira de atletismo, baloncesto e fútbol sen visión...

Dende o departamento de Educación Física queremos agradecer a Enki, e en particular a Ángel, Dani e Raquel pola súa implicación, a disposición para dedicarnos toda a mañá, e poder mostrar aos alumnos unha realidade diferente.

Pinchando aquí, podemos ver as fotos da visita.