STEMbach: Laboratorio de xenómica

O venres 8 de marzo os alumnos do bacharelato STEM visitaron o laboratorio de Xenómica da USC.

É o lugar onde obterán os datos cos que traballarán, en colaboración con membras do CIMUS, no proxecto de investigación que están a realizar. Tivemos a sorte de facer a visita co director do laboratorio Ángel Carracedo. Unha experiencia e todo un luxo para os nosos alumnos.

Pinchando aquí, podemos ver as fotos da visita.