Pluribach

O pasado venres, 28 de Xuño, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicaba a admisión do noso Colexio no Programa PluriBach para o curso 2019-2020.

O Bacharelato de Especialización Curricular en Idiomas (PluriBach) ten como finalidade promover no alumnado unha preparación máis profunda e especializada no idioma obxecto do programa (no noso caso, na lingua inglesa), así como un achegamento máis específico ás diferentes materias que compoñen o currículo. É unha proposta dirixida ao alumnado máis motivado para profundar nos seus coñecementos de inglés, de forma que mellore a súa capacidade para entender e expresarse nesta lingua, cunha énfase especial na linguaoral.

PluriBach comprende os dous cursos académicos de bacharelato, de forma que o alumnado interesado ten garantida a continuidade do programa, á vez que supón tamén o compromiso firme de cursalo de principio afin.

O alumnado interesado:

  • Poderá cursar calquera modalidade de bacharelato ofrecida polo centro, sexa Humanidades e Ciencias Sociais, sexaCiencias.
  • Cursará unha materia extracurricular nos dous cursos de bacharelato, cunha carga lectiva de 2 horas á semana, fóra do horario escolar. No noso caso sería Afondamento en Inglés Oral, os martes de 15.40 a17.20.
  • Cursará a materia de Literatura Universal en inglés no Primeiro curso de bacharelato como materiaoptativa.
  • Realizará actividades complementarias de formación organizadas polo Colexio, tales como asistencia a conferencias, talleres, obras de teatro ou películas, cunha duraciónde

40 horas entre os dous cursos, e que levaría a cabo fora do horario ordinario do alumnado.

  • O alumnado que obteña o título de bacharelato tras cursar o Programa de Especialización curricular en Idiomas recibirá certificación da Dirección do Centro conforme realizou os estudos correspondentes. Farase constar ademais no historial académico.

O alumnado interesado poderá solicitar praza a comezos do novo curso 2019-2020.