USC: 16 Premios excelencia académica

Un ano máis, un número importante de alumnos do noso centro veu recoñecida a súa excelencia académica no acto que a USC celebrou o xoves, día 4 de xullo, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.

Trátase de dezaseis alumnos e alumnas que obtiveron unha Nota de Acceso á Universidade superior a 9 (calculada coa nota media do bacharelato e a Nota da Parte Obrigatoria da ABAU), á que se lle sumará a Nota dá Parte Voluntaria para calcular a Nota de Admisión nas distintas titulacións. 

O colexio quere expresar publicamente o seu orgullo, e dar o seu parabén a este alumnado e as súas familias.

Na foto, algúns dos estudantes tras a cerimonia de entrega de diplomas.