Día das Letras Galegas: Versos polo aire

Os rapaces e rapazas dos catro cursos da ESO estiveron elixindo poemas cos que agasallar os nosos pequenos.

Para facelo máis divertido confeccionaron uns preciosos avións. O xoves, día 17 de maio, abríronse as ventás da nosa biblioteca e desde alí lanzaron os agasallos poéticos aos pequenos que esperaban con ansia as aterraxes. Unha vez recollidos con coidado, leváronos ás clases onde os leron coa axuda das súas mestras.

Grazas aos nosos rapaces da ESO pola súa xenerosidade!

Blog da Biblioteca