1ºBach: Visita ao CGAI

O alumnado do Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais visitou o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).

O CGAI ten un papel fundamental na recuperación de filmes feitos en Galicia, por galegos ou en galego ao longo do tempo. Os seus fondos son unha referencia e constitúen unha fonte para achegarse á Historia de Galicia.

O operador José María Rodríguez Armada ensinou a evolución das películas: dende os rollos con metros de celuloide ata os discos duros externos que se empregan hoxe. O Director do CGAI, Guillermo Escrigas, deulles a coñecer a doble función do centro tanto como filmoteca de Galicia, como sala de proxección de películas que non forman parte dos circuítos comerciais.

Ademais mantiveron un coloquio no que se trataron as transformacións recentes do cine: dende a gran pantalla ata os móbiles, a piratería de contidos e as súas repercursións. Tamén se presentaron as alternativas dos estudios audiovisuais en Galicia: os graos de Comunicación Audiovisual ou a Escola de Imaxe e Son son saídas interesantes para os estudantes desta modalidade do Bacharelato.

Finalmente, proxectáronse algunhas das pezas máis representativas das conservadas polo CGAI como "La botadura del Alfonso XIII" (1913) ou a portuguesa "O ano santo em Compostela" (1915), as dúas grabacións feitas en Galicia máis antigas que se conservan.