2ºEP: Javier Balado

O pasado xoves 29 de novembro Javier Balado deu unha charla no colexio, sobre o traballo que realiza no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros, aos alumnos de segundo de primaria. 

Patricia Olveira e Claudia Olveira sorprenderon e agasallaron a Javier cun conto titulado "A marea negra" feito por elas. Para rematar a actividade soltaron no patio do colexio unha pega que foi rehabilitada no centro de Oleiros.