ESO e Bach.: Evento STEMbach

O pasado 27 de novembro o noso alumnado e profesorado do STEMbach desfrutaron dun encontro con todos os participantes de Galicia deste proxecto. 

Un total de máis de 200 alumnos asistiron a varias conferencias de carácter científico onde se trataron temas de actualidade como son as "Fake news na ciencia" ou o "Papel da muller na ciencia ao longo da historia". Ao mesmo tempo o profesorado traballou en reunións de coordinación coas 3 universidades galegas nas cales se presentou o noso proxecto de colaboración co CIMUS.  Unha xornada que resultou de moito proveito para todos.