SIGNA, NOVO MODELO PEDAGÓXICO DA COMPAÑÍA DE MARÍA

Os directores titulares dos Colexios da Compañía de María en España déronse cita este pasado 26 de setembro no CaixaForum de Madrid, para a presentación de Signa, o seu novo modelo pedagóxico.

 O novo modelo pedagóxico Signa preséntase por primeira vez a nivel internacional en España para os Directores Titulares dos seus 22 centros e, posteriormente, farase para toda a rede de centros cos que conta a Institución en todo o mundo.

A Compañía de María, unha das primeiras institucións educativas de España, continúa apostando por unha educación de calidade ao servizo dunha sociedade que se constrúe dende os valores máis auténticos da persoa.

 O evento contou coa presenza de Mª Rosario Mariña Ríos ODN, Superiora Provincial da Compañía de María, representantes de Escuelas Católicas e de UNIR (Universidad Internacional de La Rioja) encargados do proceso formativo aos profesores e a diversos medios de comunicación.

A Compañía de María, que conta con máis de 400 anos de experiencia educativa, aposta por un estilo, un compromiso, unha visión que fan de Signa un sólido proxecto de transformación.

Signa sitúa ao alumno no centro e pon o foco na aprendizaxe. Os colexios transfórmanse en lugares onde cada alumno encontra o seu lugar a través da personalización, acompañado por un docente que coñece as súas necesidades e fortalezas, que camiña ao seu lado exixíndolle e motivándoo, e onde se coida e valora a proximidade coas familias.

Signa parte da valoración de todo o aprendido no pasado, e dende o presente, coa mirada posta en todo o que ofrece o futuro, seguimos avanzando. O novo modelo fala dende o presente e baséase na concepción pedagóxica da Educación Personalizada porque a solución educativa pasa por personalizar aa educación aquí e agora.

Signa é: educación personalizada, presente, talento, multilingüismo, transformación, creatividade, trascendencia, un modo distinto de entender a educación e preparar aos alumnos para o futuro.  

Ao longo da xornada, Iolanda López Iglesias, responsable do Ámbito Pedagóxico do Equipo de Titularidade da Provincia de España foi a encargada de presentar o modelo, e de explicar o proceso formativo que se levará a cabo nos colexios da Rede de Centros Compañía de María en el mundo.

O pasado mércores 3 de outubro presentouse no noso Colexio o novo modelo pedagóxico da Compañía de María.

Mª José Sanz e Iolanda López, do Equipo de Titularidade, mostraron de primeira man o gran traballo desenvolvido e presentárono ao claustro de profesores do noso centro, nunha das primeiras etapas para dar a coñecer e poñer en valor este novo modelo de entender a educación e preparar ao alumnado de cara ao seu futuro.

SignaCMaria,

Porque nos importan as persoas e creemos nos alumnos.

Porque confiamos nas familias e nas súas metas.

Porque abrimos as aulas ao mundo e máis alá.

Porque respondemos á realidade sen esquecer quen somos.

Porque conectamos coa comunidade para facer un mundo mellor.

Porque este compromiso é o noso compromiso.

Ti eres o noso motor.