Xornadas de portas abertas 2020

Nas próximas semanas o Colexio organiza tres “Xornadas de portas abertas” para que as familias que o desexedes poidades achegarvos a coñecer as instalacións do centro e o seu proxecto pedagóxico, con vistas a realizar a matriculación de alumnado de nova incorporación para o vindeiro curso escolar 2020-2021.

As datas e horas previstas son:

11 de febreiro, 18.30h

19 de febreiro, 18.30h

12 de marzo, 19.00h

Para facilitar a asistencia a cada xornada, convidámosvos a inscribirvos cubrindo o formulario na seguinte ligazón: “FORMULARIO DE INSCRICIÓN”.

Se precisades máis información sobre o proceso de admisións, pinchade aquí, ou chamade ao centro no 981.250.350 en horario de 09:30 a 11:30 de luns a venres ou de 17:00 a 18:00h de luns a xoves.