Preguntas habituais

1. Que implica que a nosa Escola figure no rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia?

Non implica que poidamos expedir títulos oficiais, os nosos certificados serán certificados propios. No obstante, a nosa inclusión no rexistro garante que cumprimos cos requisitos de titulación do profesorado, proxecto pedagóxico e instalacións que a Xunta de Galicia esixe para poder formar parte do seu rexistro de Escolas de Música.

2. Que sucede se o alumno ten unhas características especiais respecto á súa idade?

Nos casos de alumnado que pertencendo por idade a unha modalidade teña os coñecementos previos para estar noutra ou o caso contrario, matriculádeo na opción que consideredes a correcta facéndoo constar no apartado de observacións. A Dirección da Escola estudará cada un destes casos e poñerémonos en contacto con vos para informarvos das posibilidades que consideremos máis adecuadas para cada caso.

3. É posible matricularse fóra dos prazos de matrícula oficiais?

Sí, a matrícula continuará aberta ao longo de todo o curso en función da dispoñibilidade horaria do profesorado da Escola.

Os horarios do formulario de novas matrículas que se atopa no apartado de matrículas é orientativo unha vez comezado o curso dado que pode haber grupos sen prazas ou novos grupos polo que aconsellamos contactar con nós para confirmar horarios e grupos para matricularse unha vez comezado o curso en outubro.

4. Como se establece a orde en cada unha das convocatorias de matrícula?

A listaxe establécese dacordo coa orde de inscrición das solicitudes de cada convocatoria.

5. A partir de cando comeza o compromiso de ter que pagar o resto das mensualidades do curso unha vez matriculados?

Este compromiso comeza unha vez se inicien as clases en outubro e xa estean firmados os contratos dos profesores.

É dicir, pola penalización dos 30 euros da matrícula podémonos botar atrás ata que remate o momento definitivo de escoller os horarios de instrumentos e comece o curso a primeira semana de outubro. No caso de que o novo alumno ou alumna non poida matricularse na opción desexada no momento de escoller horarios devolverase o importe íntegro da matrícula.

6. Cando eliximos se a clase de instrumento é de 30 ou de 60 minutos?

Ese momento terá lugar en setembro no día que se escollan os horarios de cada un dos instrumentos. No momento da matrícula soamente especificamos qué instrumento preferimos.

Na modalidade de 60 minutos de instrumento en parella, a Escola non se compromete a que o alumno ou alumna consiga unha parella para a súa hora concreta. No caso que ó rematar a elección de horarios, un alumno interesado en ter unha hora nesta modalidade non atopase parella para a súa hora de clase instrumental, podería elixir se matricularse en 30 ou 60 minutos individuais. É moi importante ter en conta que para a modalidade en parella os dous alumnos deben partir do mesmo nivel de coñecementos previos do instrumento.

7. É posible matricularse nas materias de práctica grupal sen estar matriculado en ningunha materia máis?

Calquera pode matricularse soamente na materia de Coro. A idade necesaria para poder participar no Coro escolar é a partir dos 7 anos (2º Ed. Primaria). O alumnado matrículado en calquera outra actividade da Escola terá gratuita a actividade de Coro, tanto no escolar como no de adultos.

Para matricularse en Agrupación instrumental é necesario ser alumno dalgún instrumento da Escola e ter feito polo menos un curso completo nese instrumento en cursos anteriores.

 

Volver ao menú principal