A nosa escola

A  proposta  educativa  da  Compañía  de  María, ten  coma  un dos seus  principios fundamentais facilitar unha educación integral educando na vida e para a vida.

Con motivo de promover, fomentar e difundir a música e a cultura, como parte dunha educación integral, dende setembro de 2015 contamos cunha Escola de Música integrada nas instalacións do Colexio para ofrecer a posibilidade de que alumnado do centro, familias e calquera persoa interesada allea ao Colexio poida matricularse.

Continuando coa liña de calidade educativa da Compañía de María, a nosa Escola figura dende a súa orixe no rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia, o que garante que cumprimos cos requisitos de titulación do profesorado, proxecto pedagóxico e instalacións que a Xunta de Galicia esixe para as ensinanzas musicais non regradas.

As matrículas poden facerse dende 2º de Educación Infantil (4 anos) ata adultos sen límite de idade, e comezar a gozar da música a través da variada oferta musical que ofrecemos: itinerario educativo propio, itinerario educativo personalizado, reforzo de clases do conservatorio ou preparación de probas de acceso.

 

Volver ao menú principal