Uniforme
Novo uniforme
No curso 2021-22 prodúcese o cambio definitivo de uniforme, coa finalidade de que sexa o mesmo para todos os colexios da Compañía de María de España.
Para o resto dos cursos o uniforme e o chándal de Educación Física será o modelo que podedes ver picando aquí.
A prenda exterior pode ser azul mariño, gris ou negra e os zapatos negros ou azul mariño.
O uniforme é obrigatorio desde 5º de Educación Infantil ata 2º de ESO. A continuación lembramos as súas características:
Saia de cadros, pantalón gris co escudo institucional, polo branco co escudo e vivo en colo e brazos (polo institucional), xersei institucional con escudo e vivo en granate (non está permitida a sudadeira gris), zapatos negros ou azul mariño e calcetíns, medias curtas ou longas grises (non están permitidas as calzas). A peza exteriorde abrigo será obrigatoriamente negra, gris ou azul mariño.
O longo da saia non poderá superar de 9 a 11 centímetros por riba dos xeonllos, se a falda é curta a media debe ser alta.
A partires de 3º de E.S.O, o alumnado que non veña de uniforme, debe asistir ao Colexio coa vestimenta axeitada, vestir con decoro e de xeito adecuado a unha actividade escolar. Non se considera axeitado o chándal, ou roupa deportiva e os vaqueiros rotos.
Para 1º curso de Educación Infantil (3 anos) non haberá cambio. Os alumnos seguirán a empregar o mesmo chándal.
A compra podedes facela no Corte Inglés ou on-line directamente á fábrica. Co pago correspondente, a empresa envíao ao domicilio familiar. O colexio non pode comprometerse á recepción de uniformes.
Pasos para realizar a compra on-line a través da páxina da fábrica: Tenda on line uniformes escolares / tenda on line / Crear conta (email e contrasinal) / Código para os uniformes de Compañía de María " juana0616-Cor". Para calquera dúbida ou problema tedes a vosa disposición o teléfono de MONTY : 983.35.80.99.