Sacramentos

A identidade cristiá do noso Colexio é un dos alicerces do noso Proxecto Educativo. Neste sinal de identidade o Colexio quere ser un útil instrumento aos alumnos que queiran profundar no seguimento de Xesús. Polo tanto, ofrecemos a posibilidade de realizar no colexio a preparación para a Primeira Comuñón e a preparación para a Confirmación.

Pertencemos á Parroquia dos Franciscanos e traballamos xuntos na preparación destes dous sacramentos.

COMUÑÓNS

A Primeira Comuñón prepárase en 3.º e 4.º de Primaria. Os horarios son os seguintes:

- Os de 3.º que van ao comedor, os luns ás 14 horas.

- Os de 3.º que non son de comedor, os xoves ás 8.30 horas.

- Os de 4.º que van ao comedor, os martes ás 14 horas.

- Os de 4.º que non son de comedor, os venres ás 8.30 horas.

 

Un equipo numeroso de profesoras voluntarias, fan posible esta intensa tarefa que culmina todos os cursos no mes de maio coas celebracións da Primeira Comuñón.

As datas para o vindeiro 2022, son:

- Domingos 22 e 29 de maio de 2022 ás 11.45

(No caso de haber un número moi alto de nenos, abriríase a posibilidade do día 5 de xuño)

 

Coordina esta formación: Carmen M.ª González

 

CONFIRMACIÓNS

O acompañamento aos nosos mozos ten como obxectivo manter a chama iniciada coa catequese de Comuñón e continuartodo o labor evanxelizador realizadodesde as familias e o colexio.

Esta catequese ten unha duración de dous cursos, comeza en 4.º da ESO e remata en 1.º de Bacharelato. Os rapaces e rapazas participan en moitas das actividades propostas pola Parroquia (Operación Kilo no Nadal, as convivencias con outros xoves da Parroquia...)

As sesións de preparación lévanse a cabo nas instalacións do colexio.

 

Coordina esta formación: José M.ª Aguado.

 

Para calquera consulta ou dúbida: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.