Grupos Lestonnac

Os Grupos Lestonnac son grupos cristiáns de participación voluntaria, dentro do ámbito extraescolar da Compañía de María, que se ofertan dende 5º de Educación Primaria ata Bacharelato. Pretenden transmitir os valores do Proxecto Educativo do centro e da espiritualidade dunha maneira lúdica, dándolles ferramentas que contribúan ao crecemento da súa Fe e da súa persoa.

Os grupos son o medio pedagóxico principal para aprender a convivir, a relacionarse, traballar en equipo, en definitiva a encher o nome de cada un. Sempre acompañados por uns animadores que tenden a súa man e ensinan dunha maneira divertida os valores para traballar por un mundo mellor.

A nosa labor vai máis aló dunha actividade extraescolar. Somos conscientes das necesidades da sociedade actual e tentamos ser referentes e acompañantes do noso alumnado potenciando que sexan eles mesmos.

 

A  opción educativa dos Grupos Lestonnac céntrase en:

  • A PERSOA: Centro de toda a acción educativa, contribuíndo ao desenvolvemento de todas as súas capacidades por medio dunha educación integral e integradora.
  • O GRUPO: Unha educación que se fai con outros desde unha vivencia conxunta e complementaria, potenciando a participación, o diálogo, a acollida, o traballo en equipo, a cooperación e a corresponsabilidade.
  • O ACOMPAÑAMENTO á persoa no crecemento persoal, na apertura á transcendencia e posterior camiño da fe, desde o respecto á liberdade persoal.
  • O TEMPO LIBRE: Unha educación que vai máis aló da aula, buscando outros espazos e tempos educativos que favorezan a educación integral.
  • A SOLIDARIEDADE, RESPONSABILIDADE SOCIAL E O DESENVOLVEMENTO: que  leve aos participantes a implicarse na construción dun mundo máis xusto e mellor para todos e coidando o planeta.

 

 

As sesións son quincenais os luns de 14.30 a 15.30 para a ESO e Bacharelatoe os martes de 14.30 a 15.30 para 5.º e 6.º de Educación Primaria.