Oferta Educativa
O Colexio Plurilingüe Compañía de María de A Coruña é un centro con tres liñas:
Niveis concertados e un aula de NEAE.
- E. Infantil:Segundo ciclo.
- E. Primaria.
- ESO.
Nivel non concertado:
Bacharelato.
É un centro plrurilingüe en toda a E. Primaria e na ESO e en todos os niveis. O colexio ten tres profesores nativos para facilitar un maior desenvolvemento a nivel de comprensión e expresión oral en L. Inglesa.
O Proxecto Educativo de centro conta cunha proposta evanxelizadora e unha acción titorial sólida que dende o acompañamento ao alumnado incide nunha formación académica de calidade.