Solicitude de praza

NOVIDADE:

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN:

Do 1 ao 20 de marzo, ambos os dous inclusive. Amplíase o prazo ata unha semana despois do reinicio das clases.

Hai que ter en conta que os seguintes días son no lectivos e o Centro permanecerá pechado:19 (festivo local polo Día de San Xosé) e 20 de marzo (Día solicitado a Xefatura Territorial). Debido  a esta circunstancia excepcional, aínda que a aplicación da Xunta de Galicia de xestión de solicitudes telemáticas pechará o venres 20 de marzo as 23:59h, será posible entregar solicitudes físicas na secretaría do noso Centro o luns 23 de marzo ata a hora do peche da mesma as 18:00h.

 

-----------------------------------------------------------------------------------------------

 

A Xunta de Galicia dispón dunha aplicación de xestión das solicitudes de admisión: www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

As familias poden cubrir o formulario de admisión  a través do menú Solicitudes - Admisión - Crear. Feito iso poden optar por:

·        Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se solicite praza en primeiro lugar

·        Se dispoñen de certificado dixital ou Chave365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

As familias que utilicen esta aplicación, con calquera das dúas opción, poderán consultar o estado de trami­tación das súas solicitudes na mesma aplicación utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

Nembargantes, para quen o queira cubrir a man, pódeno descárgalo aquíou podedes recollelo no noso centro en secretaría e conserxería, canda se abra o prazo (formulario normalizado (ED550A) -que se publica como anexo I da Orde do 25 de xaneiro de 2017)

No enlace de máis abaixopodedes consultar un manual de axuda para as familias realizado pola Xunta de Galicia, con indicacións para cumplimentar el formulario de solicitude de praza.

Manual de axuda para as familias

 

CALENDARIO ADMISIÓNS 2020-21

PRAZAS VACANTES 2020-21 

HORARIOS E SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

REFERENCIAS LEGAIS 

ÁREA DE INFLUENCIA CPR PLURILINGÜE COMPAÑÍA DE MARÍA DE A CORUÑA

ZONAS DE INFLUENCIA CENTROS CONCERTADOS

RESULTADO SORTEO DAS LETRAS A EFECTOS DE RESOLUCIÓN DE DESEMPATE

INFORMACIÓN RESUMO ADMISIÓNS

 

CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO

O criterio complementario aprobado polo CPR Plurilingüe Compañía de María de A Coruña cunha valoración de 1 punto é:

  • Parentesco hasta primer grado en liña recta - fillos/as - con antigos/as alumnos/as da Compañía de María.

A acreditación deste criterio será mediante certificación por parte do Colexio Compañía de María na que conste o nome do pai ou nai do solicitante e os estudios cursados coa súa data correspondente.

 

NOTA INFORMATIVA 

1.    Cada alumno e alumna só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que podan corresponderlle.

2.    Todo o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3.    O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------

Se precisades mais información quedamos a vosa disposición:

SECRETARÍALola Amenedo Martínez (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) e no teléfono 981 25 03 50

 

Tamén podedes consultar a web do Concello da Coruña para mais información.