Misión,Visión e Valores
MISIÓN
A razón de ser do Colexio Compañía de María de A Coruña é educar a cada persoa como axente de cambio e transformación da sociedade, de maneira integral e harmónica, desde unha perspectiva humanista-cristiá inspirada no carisma de Santa Juana de Lestonnac.
VISIÓN
Queremos ser:
- Un centro referente en calidade educativa:
- Que ofreza ao alumnado a posibilidade dunha educación plurilingüe.
- Con unha actualización constante no uso das novas tecnoloxías:TIC, TAC e as TEP.
- Aberto á incorporación de proxectos de innovación.
- Comprometido coa realidade.
VALORES
Os valores cos que nos comprometemos no noso modo de proceder e de relacionarnos cos demais grupos de interés:
- Respecto :
Como valor que faculta á persoa para o recoñecemento, aprecio e estimación das calidades dos demais e dos seus dereitos. Ha de ser recoñecido como un valor central para lograr que as persoas fomenten o diálogo e a aceptación dunha convivencia do eu cos demais.
- Transparencia :
Como xeradora de confianza, de información adecuada para saber onde estamos, que temos e que pretendemos conseguir. Os nosos grupos de interese han de coñecer a nosa actividade, os nosos logros, os nosos puntos fortes e os aspectos nos que debemos mellorar. Transmitir o que somos, facemos e queremos conseguir.
- Integridade :
Como actitude coherente coa misión institucional, os compromisos ou acordos adoptados.
- Honradez:
Comportamento ético.