Life...What a mess!

O alumnado que cursa o seu segundo ano de Pluribach foron protagonistas na recente estrea no colexio da obra de teatro en lingua inglesa, “ Life… what a  mess!” 

O 21 de abril os alumnos de 4º de ESO acudiron ao salón de actos do colexio para asistir á primeira función de “ Life… what a  mess!”, unha drama que segue a transición de sete personaxes desde a nenez ata a idade adulta, centrándose nos momentos craves das súas vidas. 

A obra foi ben recibida por un público entusiasta, e o 26 de abril o elenco, composto de trece alumnos de  Pluribach no seu último ano no colexio, ofreceu outra actuación conmovedora, para o deleite dos alumnos de 1º de Bacharelato presentes. 

A última función terá lugar o xoves 28 de abril, ás 19:00, no salón de actos do colexio. Todos os membros da comunidade escolar están convidados a asistir, sendo a obra recomendada para persoas maiores de 13 anos.

 

Picando aquí podemos ver o resto das fotos.