Día do libro 2022

O día 22 de abril celebrouse o Día do Libro no noso Colexio. 

Baixo o lema: LER É LIBERDADE, organizouse unha lectura masiva no interior e no exterior do centro. Participou todo o alumnado desde os 3 anos ata 1º de Bacharelato.

A idea principal centrouse en que o alumnado trouxera o seu libro preferido ou o que están lendo estes días, e unha toalla. 

Durante un tempo, estivemos lendo en silencio e sentados no chan. Confiamos en que isto sexa un bonito xesto para poñer en valor unha vez máis, a importancia da lectura.

Ademáis, decorouse o centro con paxaros para expresar a idea da liberdade que nos da a lectura. 

 

Picando aquí podemos ver as fotos e picando aquí podemos acceder ao blog da biblioteca.