Visita Exposición Peter Lindbergh
O pasado venres día 4 de febreiro, o alumnado de 2º de Bacharelato que cursa a materia Historia da Arte visitaron a exposición Untold Stories, unha extensa retrospectiva sobre o lexendario e pioneiro fotógrafo de moda Peter Lindbergh.
Desfrutaron dos seus traballos en branco e negro, e da súa delicadeza ao retratar algúns dos rostros máis célebres da moda e o espectáculo na escena internacional. Unha linguaxe onde o primeiro plano é a persoa, non a moda.
Poder desfrutar desta zona portuaria, o peirao de Batería, onde está ubicada a instalación deseñada por Elsa Urquijo foi tamén unha oportunidade moi importante para eles e elas.
![]() |
![]() |
![]() |