Parabéns, Marta

Hai xa un ano que publicabamos que a nosa alumna Marta Duckworth Juárez era a única coruñesa que formaba parte dos vinte estudiantes que a Xunta de Galicia distinguía co premio extraordinario da ESO.  

Por fin chegou o día de recoller o seu diploma. 

Grazas polo teu tesón, por demostrarnos que tes unha cabeza ben feita e por ser unha alumna e unha persoa extraordinaria. 

Meréceste este e todos os recoñecementos que están por vir. 

Parabéns, Marta!