Magosto 2021

O pasado xoves 10 de novembro celebramos o magosto co alumnado de toda a etapa de Educación Infantil e mais o alumnado de 1º a 4º de Educación Primaria.

Foi unha festa moi especial na que cantamos ao son das gaitas, pandeiretas e tambor.

Bailamos ao ritmo da muiñeira e comemos as ricas castañas recén asadiñas.

É moi emocionante ver como imos recuperando nosas fermosas tradicións.