Campaña emerxencia Haití
A Compañía de María, a través da súa ONG FISC está colaborando nunha campaña en Bedou, no noroeste de Haití.
Esta campaña, que terá unha duración de catro semanas, ten dúas liñas de acción: por unha parte, proporciona axuda alimentaria dende o comedor escolar e por outra banda, proporciona axuda alimentaria a 60 familias.
