II Scape Game Santa Xoana

Este ano, co motivo do día de Santa Xoana celebrouse o II Scape Game Grupos Lestonnac, no cal varios grupos do noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria competiu contra o resto de colexios Compañía de María a nivel nacional.

Tres equipos do noso colexio conseguiron aparecer entre os 4 primeiros clasificados enfrontándose a mas de 150 equipos de diferentes lugares de España. Parabéns a todos!