Caldo de Gloria
Hoxe, Día de Rosalía, o EDLG puxo en marcha a iniciativa promovida pola Fundación Rosalía de Castro, o "Caldo de Gloria", a cal está inspirada no poema "Miña casiña, meu lar", no que a poetisa explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.
Por esta razón, no comedor escolar, serviuse caldo e agasallouse ao alumnado cun mantel individual de papel co poema e deseño que podedes observar nas imaxes:
![]() |
![]() |
![]() |